David Regueiro, cunha ducia de discos editados, con centos de actuacións por diferentes países e co aplauso unánime de prensa e público, consolidouse coma un dos guitarristas de gypsy jazz máis prominentes do Estado.
Co seu trío, no que se acompaña de Iago Reigosa (guitarra) e Juyma Estévez (contrabaixo), presenta agora o seu novo disco, “Areal”. Este álbum, conformado por nove composicións de David Regueiro, está ubicado no jazz manouche, a corrente estética creada por Django Reinhardt, sen deixar de lado outras das súas influencias: o swing americano e o be-bop. O trío aporta unha visión rigorosa e respectuosa coa tradición ao tempo que fresca e innovadora.